Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1508

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Resolución do 22 de decembro de 2015 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do programa Aluga, no exercicio 2016.

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Resolución do 22 de decembro de 2015 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do programa Aluga, no exercicio 2016. Xunto coa citada resolución non se fixeron públicos os anexos polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS),

RESOLVO:

Primeiro. Facer públicos os anexos da Resolución do 22 de decembro de 2015 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do programa Aluga, no exercicio 2016.

Segundo. Esta resolución producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

Ethel María Vázquez Mourelle
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file