Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dunha resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Arcos (Mazaricos-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas relacionadas no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra os actos aos que se refire o anexo, que non poñen fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 23 de decembro de 2015

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: resolución de modificación do acordo de concentración da zona de Arcos (Mazaricos-A Coruña) do 27.10.2015.

Interesados:

Nº propietario

Apelidos e nome

384

Lado Pérez, Manuel

384

Lado Pérez, Manuela

578

Peso Vázquez, Floriano

604

Rodríguez Beiro, Manuel

691

Senra Blanco, José Manuel