Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/232-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A., Acuaes.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, nº 25, 4º, 28003 Madrid.

Denominación: coxeración de biogás na EDAR Lagares.

Situación: Vigo.

Características técnicas: planta de coxeración eléctrica composta por un grupo de coxeración formado por dous equipamentos motoxeradores de biogás de potencia nominal 800 kW/400 V cada un, un centro de transformación con dous trafos elevadores de tensión de 1.000 kVA cada un con RT 400 V/15-20 kV e un centro de medida. A instalación está situada no recinto da estación depuradora de augas residuais Lagares, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra