Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1333

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva de sistemas de inactivación de patóxenos en plaquetas e de solución aditiva para a preparación e inactivación de plaquetas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-FCT1-14-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de sistemas de inactivación de patóxenos en plaquetas e de solución aditiva para a preparación e inactivación de plaquetas da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

c) División por lotes: si. Lote 1: subministración sucesiva de reactivos, consumibles e equipamento asociado necesarios para a realización efectiva da inactivación de patóxenos en bolsas de plaquetas. Lote 2: subministración sucesiva de solución aditiva para a preparación e conservación de plaquetas compatible cos sistemas de inactivación de patóxenos empregados no centro.

d) CPV (referencia de nomenclatura): lotes 1 e 2: 33696500-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 27.10.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.025.600 € (IVE non incluído).

5. Orzamento base de licitación: 2.852.000 € (IVE non incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: lote 1: 9 de novembro de 2015. Lote 2: 21 de setembro de 2015.

c) Contratista: lote 1: Terumo BCT Europe N.V., sucursal en España. Lote 2: Maco Spania, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: lote 1: 1.395.000 € (IVE non incluído). Lote 2: 170.500 € (IVE non incluído).

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia