Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 28 de decembro de 2015 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de prescrición de obrigas de exercicios pechados.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Promocións Culturais Galegas, S.A., a quen non se lle puido notificar por correo certificado, a resolución o acordo de inicio do procedemento de prescrición de obrigas de exercicios pechados, ditado polo director da Agadic con data do 25 de novembro de 2015. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Departamento de Xestión da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Interesado: Promocións Culturais Galegas, S.A.

Último enderezo coñecido: rúa Príncipe, 22, baixo (galerías), 36202 Vigo (Pontevedra).

Resolución notificada: acordo de inicio.