Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican citacións médicas en procedementos tramitados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as citacións para recoñecementos médicos enviados no seu día, notifícase ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 31), en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer a citación, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Vigo, 18 de decembro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. de expediente

Bueno de Morais, María Fátima

X3030185G

36/00157-I/13

Outumuro Méndez, Celsa

34973491J

36/00802-I/12

Rodríguez Oro, Alberto

44090463S

36/00012-I/13

Álvarez Fernández, Rubén

35992769T

36/00814-I/13