Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de planeamento no ámbito da rúa Juan Antonio Suanzes das Pontes de García Rodríguez (expediente 2015AAE1825; código 1742/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 18 de decembro de 2015, sobre a modificación puntual número 3 das NSP no ámbito da rúa Juan Antonio Suanzes das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental