Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1106

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se procede á publicación dos beneficiarios e dos importes das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, procédese á publicación dos adxudicatarios.

O obxecto da convocatoria son as axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.

A finalidade da axuda son as actividades que teñan por obxecto ben a organización de fondos documentais ben a mellora dos locais de arquivo

Os beneficiarios son as universidades galegas, concellos e entidades sen fin de lucro de Galicia que figuran no anexo desta resolución.

Norma reguladora: Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 55, do 23 de marzo).

Crédito orzamentario: setenta e sete mil setecentos corenta euros (77.740 €) con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 nas seguintes aplicacións orzamentarias: 09.20.432A.744.4, 09.20.432A.760.0 e 09.20.432A.781.0.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

ANEXO

Relación de adxudicatarios e importe das axudas

Universidades

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

2015/69

Universidade da Coruña

4.926,62 €

2015/70

Universidade de Santiago de Compostela

4.800,00 €

Concellos

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

2015/11

Concello de Arzúa

6.000,00 €

2015/21

Concello de Ortigueira

5.757,21 €

2015/07

Concello de Bergondo

5.947,50 €

2015/29

Concello de Boimorto

6.000,00 €

2015/06

Concello de Porto do Son

6.000,00 €

Entidades sen fin de lucro

Expediente

Solicitante

Contía da axuda

2015/22

Fundación Uxío Novoneyra

4.746,20 €

2015/68

Fundación Isla Couto

6.000,00 €

2015/65

Fundación Rosalía de Castro

4.000,00 €

2015/64

Bispado Tui-Vigo

6.000,00 €

2015/66

Fundación Penzol

6.000,00 €

2015/167

Fundación Camilo José Cela

3.253,80 €