Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 979

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN de 29 de decembro de 2015 pola que se acorda publicar a prórroga do orzamento para o exercicio do ano 2016.

De acordo co establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e modificada pola Lei 4/2007, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, así como na normativa orzamentaria autonómica e estatal, a non aprobación do orzamento anual da Universidade antes do día un de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior. Tendo en conta que non se tramitou o orzamento para o ano 2016 e que o Consello Social, na súa reunión do 16 de decembro de 2015 quedou informado de tal circunstancia, resolvo prorrogar o orzamento da Universidade da Coruña do exercicio de 2015 ata a aprobación do orzamento para o ano 2016 e facelo público cunha contía inicial no estado de ingresos e gastos de 116.192.086,02 euros segundo o detalle anexo.

A Coruña, 29 de decembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO Á RESOLUCIÓN DO 29 DE DECEMBRO DE 2015

1. Clasificación económica.

Resumo por capítulos.

Ingresos

2016

Capítulo III: Taxas, prezos públicos e outros ingresos

14.872.900,00

Capítulo IV: Transferencias correntes

82.727.537,45

Capítulo V: Ingresos patrimoniais

420.000,00

Capítulo VII: Transferencias de capital

15.900.847,60

Capítulo VIII: Activos financeiros

2.270.800,97

Capítulo IX: Pasivos financeiros

0,00

Total orzamento de ingresos 2016

116.192.086,02

Gastos

2016

Capítulo I: Gastos de persoal

85.391.720,67

Capítulo II: Gastos correntes en bens e servizos

14.974.574,50

Capítulo III: Gastos financeiros

58.500,00

Capítulo IV: Transferencias correntes

2.928.924,50

Capítulo V: Fondo de continxencia

250.000,00

Capítulo VI: Investimentos reais

11.838.366,35

Capítulo VII: Tranferencias de capital

0,00

Capítulo VIII: Activos financeiros

50.000,00

Capítulo IX: Pasivos financeiros

700.000,00

Total orzamento de gastos 2016

116.192.086,02