Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/122/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 28 de agosto de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/122/2014-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na realización dunha construción principal de tipoloxía residencial, de planta baixa con cuberta a dúas augas e carpintarías de madeira, que conta con antena de televisión e iluminación exterior, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, así como a construción ou instalación de varios elementos auxiliares da dita construción principal de tipoloxía residencial (caseta metálica de obra «tipo oficina» con fiestra e porta, caseta metálica de obra de cor marrón «tipo almacén» ou contedor marítimo, caseta de pequeno tamaño «tipo aseo», construción con cerramento téxtil e grella de obra), situadas no lugar de Lodeiro, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Manuel Díaz Villares, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística