Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 653

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación pública da contratación para o servizo de vixilancia e seguridade.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servizo de vixilancia e seguridade en actos organizados polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación para os servizos regulares: 102.850 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 85.000 € e 17.850 € ao IVE correspondente (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por un ano ata un máximo de catro, incluído o período inicial e as prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Teléfono 981 18 42 00. Ext. 12053. Perfil do contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es.

10. Clasificación: grupo M, servizos especializados. Subgrupo 2, servizos de seguridade, custodia e protección. Categoría B (a anualidade media será igual ou superior a 150.000 euros e inferior a 300.000 euros).

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: o prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizará ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que deben presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. A Mariña 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

Apertura de ofertas económicas: o lugar e o día que se sinale no perfil do contratante: www.coruna.es.

13. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 7 de decembro de 2015

P.D. (Decreto do 22 de xuño de 2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos