Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de limpeza das instalacións das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 96/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servizo de limpeza das instalacións das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Procedemento e tramitación:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: 152.000 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 26.380,17 €.

5. Garantía: definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (S/IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avenida da Habana, núm. 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 97. Telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es.

7. Capacidade e solvencia das empresas: exíxese clasificación do grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, nº 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) Datas: a data e a hora de apertura publicarase na plataforma de contratación coa antelación suficiente.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de dez con oitenta e dous euros (10,82 €).

Ourense, 23 de decembro de 2015

P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
David Nuevo Fernández
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Ourense