Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra relativa ao proxecto de construción de acondicionamento do Camiño de Santiago do Norte. Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo, tramitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3, OE 6.3.2 desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular as de interese turístico).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de setembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: construción de acondicionamento do Camiño de Santiago do Norte. Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 472.812,11 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 21 de decembro de 2015.

c) Adxudicatario: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

d) Importe de adxudicación: 341.464,00 €, IVE excluído (importe máximo de adxudicación).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia