O artigo 11 da Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se convocan as probas para a renovación da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,
RESOLVO:
Primeiro
Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.
Segundo
Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial, xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Terceiro
Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes desde o día seguinte á súa publicación, tal e como establecen os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Estrada, 22 de decembro de 2015
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Apelidos e nome |
Alleres Pérez, Esteban |
Álvarez Díaz, Jorge |
Álvarez Fernández, Alejandro |
Álvarez Seoane, Jesús |
Argibay Blanco, Marcos |
Argibay Blanco, Óscar |
Boente Gallego, César |
Canitrot Caeiro, Amando Miguel |
Carril Comesaña, Roberto |
De la Fuente Romay, Ignacio |
Del Río Polo, Pablo |
Dopazo Sánchez, José Manuel |
Domínguez Enríquez, Olegario |
Fernández Ferreiro, Alberto |
Fernández Sánchez, Martín |
Ferreiro Casanova, José Manuel |
García Pousada, Abel |
González Castro, José Manuel |
González Figueroa, Enrique |
González Pidre, Manuel |
Lores Cores, Rubén |
Luque Dellunde, Eusebio Jesús |
Millares Andión, Javier |
Moreira García, José Luis |
Negrito Ruiz, Salvador |
Novoa Blanco, José Sindo |
Ortiz Álvarez, José Miguel |
Penas Franco, Francisco Javier |
Rodríguez Multa, José Ricardo |
Senra Lorenzo, Rafael |
Valois Calvo, Francisco Javier |
Vila Meaño, Luis |