O Concello Pleno, en sesión do 14 de decembro de 2015, acordou, entre outras cuestións o seguinte:
Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual número 3 do PXOM de Oleiros, modificación da rede viaria no planeamento subsistente PERI de Rialta (rúa Santo Domingo), documento 17714, do 17 de novembro de 2015.
Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito das parcelas catastrais 5412805NJ5051S e 5412806NJ5051S, de conformidade co artigo 77 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
De conformidade cos artigos 85.2 e 3 da citada Lei 9/2002, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, de 8.30 a 14.00 horas, durante o prazo de dous (2) meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 21 de decembro de 2015
Ángel García Seoane
Alcalde presidente