En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta secretaría xeral se presentou a acta da asemblea xeral da Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar (Transgacar), do 26 de xuño de 2015, onde se adoptou por unanimidade o acordo de aprobar a modificación dos estatutos.
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: asociacións que integren empresas que desenvolven a actividade de transporte de viaxeiros por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan nela o seu domicilio.
– Asinantes: José Carlos García Cumplido (presidente) y Juan Gómez Piña (secretario).
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego