Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de decembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

CIF/NIF

Núm. expediente

Acto que se notifica

Dala Costa de Lugo, S.L.

B27356690

IN635A 2015/169-2

Trámite de audiencia

Lusco Fusco Café Mariña, S.L.

B27352608

IN635A 2015/119-2

Requirimento

Vilares Lugo, S.L.

B27140391

IN635A 2015/144-2

Trámite de audiencia

Miguel Montes dos Santos

33316792G

IN635A 2015/147-2

Trámite de audiencia