Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2015/213-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día segunte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpor recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas logo do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 17 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2015/213-1.

Acta inf.: I152015000039003.

Empresa: Abeiradaría, S.L.

NIF: B70403001.

Concello: Perillo, Oleiros (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data de resolución: 9 de setembro de 2015.

2. Expediente: RL 2015/195-1.

Acta inf.: I152015000025158.

Empresa: Audama Servicios de Hostelería, S.L.L.

NIF: B70426325.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data de resolución: 12 de agosto de 2015.