Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Título: LMTS e CT Tremoedo.
Situación: Vilanova de Arousa.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 46 metros de lonxitude, con orixe no punto de acceso proxectado nº 2 sobre a saída VAR803B e final no CT proxectado. Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400-230 V, situado en Tremoedo, Vilanova de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 10 de decembro de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra