Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, das obras de rehabilitación da Casa Pasarín como centro de atención ao peregrino e albergue, tramitado por procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3, OE 6.3.2. Desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular as de interese turístico).

En cumprimiento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 9 de setembro de 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de rehabilitación da Casa Pasarín como centro de atención ao peregrino e albergue.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 535.417,67 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 10 de decembro de 2015.

c) Adxudicataria: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación: 401.938,04 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia