A Orde do 29 de setembro de 2015 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, establece, no seu artigo 11.1, que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Premios extraordinarios nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15
Modalidade de música
Sol. |
Apelidos e nome |
Cód. C. |
Centro estudos |
Importe |
147484 |
Arca Figuero, Juan |
36024471 |
CMUS Profesional de Vigo |
850 € |
130261 |
Hermida Rodríguez, Marina |
36019700 |
CMUS Profesional Manuel Quiroga |
850 € |
146012 |
Hervés Carrete, Carlos |
36024471 |
CMUS Profesional de Vigo |
850 € |
Modalidade de danza
Sol. |
Apelidos e nome |
Cód. C. |
Centro estudos |
Importe |
146731 |
Liñares Vázquez, Sofía |
15027010 |
CDAN Profesional da Coruña |
850 € |
Modalidade de artes plásticas e deseño
Sol. |
Apelidos e nome |
Cód. C. |
Centro estudos |
Importe |
2066190 |
Martínez Pérez,Bruno |
27006589 |
EASD Ramón Falcón |
850 € |
145878 |
Naveira Souto, Olaya |
15005506 |
EASD Pablo Picasso |
850 € |