Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 388

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2015, o tribunal, nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificada polas ordes do 11 de marzo de 2015 (DOG núm. 54, do 19 de marzo) e do 10 de abril de 2015 (DOG núm. 69, do 14 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

Jorge José Delgado Martín
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas

DNI

Nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

09764487K

Porfirio García de Arriba

15,16

14,04

15,90

Apto

45,10

10066759G

José Emilio Novoa Domuro

15,16

10,78

12,80

Exento

38,74

09419932Y

Juan Carlos Morán del Pozo

11,00

10,01

15,20

Exento

36,21

25590565Y

Gustavo José Casasola de Cabo

13,50

10,10

12,00

Apto

35,60

09777954X

Olga Cristina Barreiro Sevillano

11,83

10,55

11,00

Exenta

33,38

76813663B

Manuel Aurelio Colmenero Guzmán

11,50

10,00

11,30

Exento

32,80

11082333J

Miriam Gutiérrez Muñiz

10,66

10,17

10,00

Exenta

30,83