Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 277

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria na zona de influencia do Parque de Maquinaria en San Cibrao das Viñas.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense, na zona de influencia do Parque de Maquinaria en San Cibrao das Viñas, cun tipo de licitación de 374.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 28 de xaneiro de 2016 no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a aqueles que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedentes o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais no prazo de quince días hábiles e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 9 de decembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense