Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 1 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-052/15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia desta cédula queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 1 de decembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-052/15.

Nome: Manuel Chapela Docio.

Enderezo: A Choupana, nº 13, portal 3, 2º A, 36940 Cangas, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 1.994,04 €.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolo para o pagamento de 15 recibos de alugamento vencidos, por un importe total de 1.828,65 € e dous recibos de taxas de auga e lixo de 123,99 e 41,40 €, relativos á vivenda que ten adxudicada en réxime de alugamento e correspondentes ao período comprendido entre o 29.6.2013 e o 1.10.2015, ambos os dous incluídos.

Concédeselle un prazo de 15 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que considere convenientes.

Advertímoslle que, no caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato co consecuente lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.