Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de test de estreptococo con destino aos centros de saúde de atención primaria (expediente MI-EIO1-14-007).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MI-EIO1-14-007.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de test de estreptococo con destino aos centros de saúde de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33124131-2 tiras reactivas.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

g) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea nº 2015/S 002-0001569, do 3 de xaneiro de 2015; Boletín Oficial del Estado nº 10, do 12 de xaneiro de 2015; Diario Oficial de Galicia nº 11, do 19 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 824.476,80 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 343.532,00 €; importe total: 377.885,20 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 1.12.2015.

c) Contratista: Biomerieux, S.A. (CIF A28664589).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 257.649,00 €; importe total: 311.755,32 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos