Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de decembro de 2015 polo que se lle notifica á interesada o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 279/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, por medio deste anuncio comunícaselle a O Barco Infraestructuras, S.L. que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 279/2015, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, interposto por Excavaciones Fabero, S.L. contra a Resolución do 7 de abril de 2015, pola que se denega a reclamación de Excavaciones Fabero, S.L. relativa ao cobramento dos traballos realizados na quinta fase do parque empresarial do Barco de Valdeorras, Ourense.

Este organismo acordou o 19.10.2015, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido xulgado, o que se lle notifica en canto interesado no procedemento, emprazándoo co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, perante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo