Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 124

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO das bases do concurso específico para a provisión do posto de traballo de asesor xurídico da Área de Medio Ambiente, definido na relación de postos de traballo.

No BOP de Ourense do 18 de decembro de 2015 publicáronse íntegras as bases do concurso específico para a provisión do posto de traballo de asesor xurídico da Área de Medio Ambiente, definido na relación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense.

O posto que se convoca é o seguinte:

– Un (1) posto de asesor xurídico da Área de Medio Ambiente, funcionario, escala de Administración xeral, subescala técnica. Subgrupo A1, nivel 28. Posto singularizado. Forma de provisión: concurso específico.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos 15 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará no Negociado de Control e Administración do Servizo de Recursos Humanos. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense), e tamén desde a páxina web www.depourense.es.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos, en todo caso, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda de conformidade coas bases do concurso específico.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 21 de decembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense