Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases xerais reguladoras da concesión de subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social (exercicio económico 2015).

No BOP de Lugo número 291, do 19 de decembro de 2015, publicouse o texto íntegro das bases xerais reguladoras da concesión de subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social (exercicio económico 2015), aprobadas pola Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 9 de decembro de 2015, acordo número 15/834.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que as organizacións non gobernamentais poidan presentar as solicitudes que consideren oportunas, que presentarán, en modelo normalizado (anexo I), xunto coa documentación precisa, no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben nos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de decembro de 2015

Ana Mª González Abelleira (DA 7.12.2015)
Tenenta de alcalde-delegada da Área de Benestar Social, Igualdade e Inclusión