Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53347

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais

ANUNCIO de licitación para contratar a xestión e explotación do servizo de bar no campo de fútbol Manuel Jiménez.

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa.

2. Obxecto do contrato. Descrición: xestión e explotación do servizo de bar no campo de fútbol Manuel Jiménez Abalo do Complexo Deportivo Municipal Fontecarmoa.

Prazo de execución: 2 anos, prorrogables (2 anos) e comezarán a contar a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: contrato administrativo especial.

4. Valor estimado do contrato: 14.400,00 €.

5. Obtención de documentación e información: oficina da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. Recinto Multiúsos de Fexdega, Finca A Maroma, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa.Teléfono: 986 56 68 98. Fax: 986 56 60 13 ou a través do seu perfil de contratante http//www.vilagarcia.es.

Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica, financeira e técnica: véxase cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 15 días hábiles seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG ou BOP.

Documentación: a exixida nas cláusulas 13 e 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro de Licitación da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. Recinto Multiúsos de Fexdega, Finca A Maroma, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa ou Rexistro de Licitación do Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, nº 1, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

Entidade, lugar e enderezo: Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. Sala de Xuntas do Recinto Multiúsos de Fexdega, 1.

Data e hora: véxase cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Exposición ao público do prego de cláusulas administrativas particulares; durante os 8 días hábiles seguintes aos da inserción do presente anuncio no BOP poderanse presentar reclamacións contra el de conformidade e cos efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986.

Vilagarcía de Arousa, 13 de novembro de 2015

Argimiro Serén Mera
Presidente da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais