Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52765

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

EDICTO da aprobación inicial do orzamento xeral.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés o orzamento xeral para o exercicio económico de 2016, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría desta mancomunidade, durante o prazo de quince días hábiles –que comezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia–, co fin de que durante este poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao presidente desta mancomunidade.

O Pino, 21 de decembro de 2015

Manuel Taboada Vigo
Presidente