Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1295/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1295/2012 por instancia de Emiliano Jorge Martín Sánchez contra a empresa Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 30.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución estímase a demanda formulada por Emiliano Jorge Martín Sánchez fronte á empresa Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de nove mil cento vinte e cinco euros con dezaoito céntimos de euro (9.125,18 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 9 de decembro de 2015

A secretaria xudicial