1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais
c) División por lotes e número: si, 2 lotes.
– Lote 1: obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.
– Lote 2: excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura, entre a poboación infantil.
d) Prazo de execución: 24 meses.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV: 92000000, 79342200, 79970000.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.
Criterios de adxudicación: de xuízos de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 420.000 €; IVE (21.%): 88.200 € Importe total: 508.200 €.
Valor estimado: 840.000 €.
5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.3.1) nun 75 %.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da carátula.
7. Garantía exixida: definitiva, por contía do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.
b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61 e 981 54 62 93 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 50 03.
e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23819
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación na páxina web do perfil de contratante indicada no anterior punto 8.g).
11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015
P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar