Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as modificacións e disolucións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde da Consellería de Agricultura Gandaría e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Revolta, SAT nº 1421 XUGA, na asemblea xeral do 6 de outubro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel José Rodríguez Otero, presidente; Miguel Losada Ferreiro; secretario, María José Pérez Vázquez, tesoureira-vogal, Genoveva Losada Ferreiro, Iván Ferreiro Losada e Davida Rodriguez Novas como vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Carballeira-Deibe, SAT nº 1317 XUGA, na asemblea xeral do 23 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Ángel Carballeira Filgueiras, presidente; María Isabel Deibe Díaz, secretaria; Laura Carballeira Deibe e José Ángel Carballeira Deibe como vogais.

c) A Sociedade agraria de transformación Finca Mariño, SAT nº 1108 XUGA, na asemblea xeral do 23 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Ratificar os acordos adoptados nas asembleas xerais extraordinarias do 20 e 27 de xullo de 2015, nas cales se acorda por unanimidade a baixa da socia Carmen Lueiro Maroñas.

2. Aprobar a compravenda de 108 títulos correspondentes á participación social de Carmen Lueiro Maroñas que son comprados polos socios José Antonio Mariño Regueiro que compra 54 títulos por un valor de 601,02 € cada un deles e María del Carmen Rey Ramas que compra 54 títulos por un valor de 601,02 € cada un deles.

Como consecuencia da baixa da socia e da modificación do capital social, este queda distribuído da seguinte forma:

José Antonio Mariño Regueiro

162 títulos

97.365,24 €

Josefa Regueiro Mallo

108 títulos

64.910,16 €

María del Carmen Rey Ramas

162 títulos

97.365,24 €

María Mercedes Esparis Silva

108 títulos

64.910,16 €

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto social, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Modificar a Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Antonio Mariño Regueiro; presidente, María del Carmen Rey Ramas; secretaria, Josefa Regueiro Mallo e María Mercedes Esparis Silva como vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Grueira-Fernández, SAT nº 1193 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio falecido José Antonio Grueira Barja, que transmite 82 títulos da sociedade a partes iguais aos seus herdeiros Aaron Gruera Lugo e Tania Grueira Fernández, que é socia da SAT.

2. Aprobar por unanimidade a alta do socio Iván Fernández Méndez que achega un capital de 24.000 €.

3. Aprobar a ampliación do capital social dos socios: Ana María Fernández Méndez, Mª José Barja Corredoira e Tania Grueira Fernández por un importe total de 46.450 €.

Como consecuencia da baixa dun socio e a ampliación do capital social, este queda distribuído da seguinte forma:

Ana María Fernández Méndez

2.400 títulos

24.000,00 € de capital social

Mª José Barja Corredoira

100 títulos

1.000,00 € de capital social

Iván Fernández Méndez

2.400 títulos

24.000,00 € de capital social

Tania Grueira Fernández

2.400 títulos

24.000,00 € de capital social

4. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte «O capital social cífrase en 73.000,00 € e estará representado por 7.300 títulos nominativos de 10 € cada un deles».

5. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros elixidos por un período de catro anos, sendo a renovación parcial cada dous anos.

6. Aprobar a modificación da Xunta Reitora que pasa a integrada por: Ana María Fernández Méndez; presidenta, Iván Fernández Méndez; secretario, Tania Grueira Fernández e María José Barja Corredoira como vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Calvo Seijas Oines Arzúa, SAT nº 782 XUGA, na acta da asemblea do 28 de outubro de 2015, que ratifica a do 20 de abril do 2015 toma o seguinte acordo:

1. Aprobación da renovación da Xunta Reitora que está integrada por: José Sánchez Calvo; presidente, María Calvo Rial; secretaria e María Jesús Sánchez Calvo como vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Ganadería Rúa, SAT nº 972 XUGA, na acta da asemblea do 2 de novembro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Ratificar os acordos tomados na asemblea xeral extraordinaria do 2 de maio de 2015, na cal se aproba a renovación da Xunta Reitora, que pasa a estar formada por: José Rúa Bugallo; presidente, María Dolores Rúa Bugallo; secretaria, Manuel Vázquez López e María Bugallo Sánchez como vogais.

g) A sociedade agraria de transformación Gandería Fernández, SAT nº 1380 XUGA, na asemblea xeral do 22 de outubro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Deixar sen efecto o acordo tomado na asemblea xeral extraordinaria do 14 de setembro de 2015 no cal se aproba a modificación do artigo 11 dos estatutos sociais en que se establecía un período de mandato da Xunta Reitora de indefinido.

2. Aprobar a renovación total da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: María del Carmen Villar Moledo; presidenta, María del Carmen Fernández Lema; secretaria, Aurea Cives Fornís, Rosa Mare Moledo Fernández e José Antonio Fernández Cives como vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Fontela-Burres, SAT nº 747 XUGA, na asemblea xeral do 20 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Ratificar os acordos tomados na asemblea xeral extraordinaria do 10 de xullo de 2015 na cal se aproba a alta da socia Adriana Formoso García que achega un capital social de 22.120,48 €, correspondentes a 368 títulos dun importe de 60,11 € cada un deles, que lle son comprados á SAT.

Como consecuencia da alta da nova socia o capital queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Andrés Abelardo Formoso Vázquez

368 títulos

22.120,48 €

María Dolores García Rial

368 títulos

22.120,48 €

Adriana Formoso García

368 títulos

22.120,48 €

Inés Formoso García

200 títulos

12.022,00 €

Carlos García Montero

184 títulos

11.060,24 €

2. Aprobar a modificación do artigo 11 dos estatutos sociais tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros os cales serán elixidos por un período de catro anos e poderán ser reelixidos.

3. Aprobar a renovación da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Andrés Abelardo Formoso Vázquez; presidente, María Dolores García Rial; secretaria, Adriana Formoso García, Inés Formoso García e Carlos García Montero como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Fragueiro SAT nº 1176 XUGA, na asemblea xeral do 3 de novembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Milagros Varela Fagilde; presidenta, Daniel Torrón Díaz; secretario e José Manuel Torrón Varela como vogal.

j) A sociedade agraria de transformación Cabarques, SAT nº 1025 XUGA, na asemblea xeral do 14 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Fernando Gómez Oliveros; presidente, Ana María Carballo Carballeda; secretaria, José María Gómez Oliveros e María Araceli Vázquez Pérez como vogais.

k) A sociedade agraria de transformación Fontao, SAT nº 1077 XUGA, na asemblea xeral do 15 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Manuel Salgado Rey; presidente, Manuel Salgado Silva; secretario e Margarita Silva López como vogal.

l) A sociedade agraria de transformación Carballos Altos, SAT nº 951 XUGA, na asemblea xeral do 19 de setembro de 2015, toman os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa dos socios José María Orois Lage e María Carmen Lage Mourazos, na que acordan a súa liquidación na SAT coa atribución dunha parcela, predio nº 8085 e instalacións, inscrita no Rexistro da Propiedade de Curtis, valorados en 227.751,20 €.

2. Aprobar as altas das socias María Carmen Longarela Fernández e María de los Ángeles Orois Lage que achegan cada unha delas á sociedade, unha oitava parte dos terreos cualificados como «agra protexida» valorados en 53.716,38 €, máis unha achega 374,70 € en metálico, o que vai supoñer a creación de 36 novos títulos de 3.005,06 € cada un deles.

Como consecuencia das baixas, altas dos socios SAT e a modificación do capital social, este queda distribuído da seguinte maneira:

María Carmen Longarela Fernández

18 títulos

54.091,08 capital social

Luis Ángel Orois Lage

18 títulos

54.091,08 capital social

Maria de los Ángeles Orois Lage

18 títulos

54.091,08 capital social

3. Aprobar a renovación da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Luis Ángel Orois Lage; presidente, María Carmen Longarela Fernández; secretaria e María de los Ángeles Orois Lage como vogal.

B) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Lousada SAT nº 981 XUGA, segundo o establecido no Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o estatuto que regula as sociedades agrarias de transformacións, non reúne o requisito que se indica no seu artigo 5.2.

1. Os socios da SAT Jesús García García e Manuel García Rodríguez, presentan a escritura do 28 de abril de 2015 de transformación de Lousada SAT nº 981 XUGA en Gandería Lousada, Sociedade Limitada.

2. Na mesma acta faise constancia de que os socios achegan o balance da SAT pechado ao día 31 de marzo de 2015.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias