Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aprobación do Plan de restauración da concesión de explotación mineira denominada Camino Grande número 50, no concello de Ortigueira, provincia da Coruña.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña fai saber que a sociedade Canteras Ferrolanas, S.A., titular actual da concesión de explotación mineira Camino Grande número 50, en cumprimento do establecido no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación, presentou ante esta xefatura territorial o Plan de restauración da concesión de explotación mineira da dita explotación.

Todas as persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na praza Luís Seoane, s/n, 2º andar, 15071 A Coruña, e no seguinte enlace: http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html e presentar as alegacións que consideren no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña