Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 48883

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 28 de outubro de 2015 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia.

Mediante a Orde do 11 de febreiro de 2013 (DOG núm. 33, do 15.2.2013) nomeáronse os/as vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia.

Son vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia un/unha representante de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia designados/as pola persoa titular da consellería, de entre os/as titulares dos seus órganos superiores ou de dirección. O nomeamento destes/as vogais e o dos/as seus/súas suplentes corresponde á persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 16 dos Estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro.

A modificación da estrutura orgánica da Xunta de Galicia, acometida polo Decreto 116/2015, do 4 de outubro (DOG núm. 190, do 5.10.2015), no cal se establecen os departamentos que a integran, fai preciso o nomeamento de novos/as vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia.

Polo exposto, e feitas as correspondentes propostas, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

– Vogal titular: Ana María Díaz López, directora xeral de Conservación da Natureza.

– Vogal suplente: María Jesús Lorenzana Somoza, secretaria xeral técnica.

b) En representación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda:

– Vogal titular: Helena de Lucas de Santos, directora xeral de Mobilidade.

– Vogal suplente: Francisco Menéndez Iglesias, director da Axencia Galega de Infraestruturas.

c) En representación da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

– Vogal titular: Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego.

– Vogal suplente: Sol Mª Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio.

d) En representación da Consellería de Política Social:

– Vogal titular: Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: Mª Amparo González Méndez, directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

e) En representación da Consellería do Medio Rural:

– Vogal titular: Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural.

– Vogal suplente: Javier Blanco Carballal, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

f) En representación da Consellería do Mar:

– Vogal titular: Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

– Vogal suplente: Montserrat Castro Vázquez, subdirectora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Anexo

Código

Denominación

Anexo II

TU984E

Declaración responsable de inicio de actividade de establecementos de turismo rural

Anexo V

TU984B

Declaración responsable de inicio de actividade de restaurantes ou cafetarías

Anexo VII

TU984A

Declaración responsable de inicio de actividade de axencias de viaxe

Anexo VII A

Modelo de aval

Anexo VII B

Modelo de certificado de seguro de caución

Anexo VIII

TUXXXX

Declaración responsable de modificación ou reformas substanciais que afectan as condicións dos establecementos turísticos

Anexo IX

TUXXXX

Comunicación de baixa ou cambios que non afectan a clasificación turística