Por iniciativa das correspondentes asociacións, poderán ser declaradas de utilidade pública aquelas que reúnan os requisitos establecidos no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións.
O Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de declaración de utilidade pública de asociacións, asigna estas funcións á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e establece que será competente para resolver o procedemento de declaración de utilidade pública a persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo da instrución do procedemento polo órgano correspondente.
Logo de solicitude das asociacións, foron instruídos os expedientes de conformidade co previsto no Real decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública, e neles consta a documentación e os informes previstos na citada norma.
De conformidade cos informes favorables de declaración de utilidade pública emitidos polo instrutor dos expedientes,
RESOLVO:
Declarar de utilidade pública as seguintes asociacións:
– Asociación Párkinson Galicia-Coruña, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña co número 1996-4410-1.
– Asociación de Personas Sordas de A Coruña (Aspesor), inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña co número 1971-199-1.
Contra esta orde que pon fin á vía administrativa pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e, con carácter potestativo, pode interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza