Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de decembro de 2015 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora do trazado na AC-133, treito p.q. 9+600 ao 10+000, de clave AC/12/095.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 16 de outubro de 2012 aprobouse o proxecto de construción da mellora do trazado na AC-133, treito: p.q. 9+600 ao 10+000, de clave: AC/12/095.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a mellora do trazado da estrada AC-133, entre o p.q. 9+600 e o 10+000, no termo municipal de Mugardos, coa finalidade de aumentar a seguridade, eficacia e comodidade da circulación na vía proxectada, así como ordenar e regular o tráfico rodado.

As actuacións incluídas no presente proxecto consisten na ampliación dos raios de dúas curvas sucesivas situadas no p.q. 9+820 e no p.q. 9+870, modificando o trazado actual da estrada AC-133 nunha lonxitude de 177 metros.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Mugardos (avenida de Galicia, 45, 15620 Mugardos), así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción de mellora do trazado na estrada AC-133, p.q. 9+600 ao 10+000

Clave: AC/12/095.06

Concello de Mugardos

Nº predio

Referencia catastral

Apelidos e nome

Tipo de terreo

Tipo de solo

Área afectada (m2)

1

1222701NJ6112S0001MU

Arcebispado de Santiago de Compostela

Urbano

Solo sen clasificar, obras de urbanización e xardinaría

173,49

2

1222702NJ6112S0001OU

Saavedra Vilar, Juan

Urbano

Solo sen clasificar, obras de urbanización e xardinaría

474,66

3

1222703NJ6112S0001KU

Cortizas S/S, Aurora

Urbano

Solo sen clasificar, obras de urbanización e xardinaría

849,79

4

1222704NJ6112S0001RU

García Fernández, Carmen

Urbano

Solo sen clasificar, obras de urbanización e xardinaría

372,63

5

1222705NJ6112S0001DU

García Sardina, Josefa

Urbano

Solo sen clasificar, obras de urbanización e xardinaría

95,34