Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública do expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural de Campo Grande, na parroquia de Morgadáns.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004, do 20 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse á información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural de Campo Grande, na parroquia de Morgadáns deste termo municipal, subscrito polo arquitecto municipal José Antonio Álvarez Álvarez e incoado por petición do concelleiro de Urbanismo no mes de setembro de 2015.

O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo, en horario de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 11 de decembro de 2015

P.D. (Resolución da Alcaldía do 16.9.2015)
Xosé Antonio Araúxo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda