Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1219/2014).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1219/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Alberto Moreira Quián, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Alberto Moreira Quián e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Alberto Moreira Quián a que aboe ao demandante a cantidade de 214,25 euros brutos, por anticipo non reintegrado.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alberto Moreira Quián, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial