De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a acta de advertencia PSC-CO-0483/2015-PPM e unha máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da acta de advertencia e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba e concretar os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
A Coruña, 9 de decembro de 2015
P.D. (Resolución 20.11.2015)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0483/2015-PPM.
Persoa interesada: Juan Antonio Santos Vila.
Acto de notificación: acta de advertencia.
Último enderezo coñecido: lugar Outón 15, Porto do Son.
Expediente: PSC-CO-0484/2015-PPM.
Persoa interesada: Alberto Vicente García.
Acto de notificación: acta de advertencia.
Último enderezo coñecido: Abanqueiro 79, Boiro.