Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/545-1).

Expediente: IN407A 2015/545-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT O Asadiño.

Concello: Abegondo.

Características técnicas: reforma da liña eléctrica de media tensión aérea CES-705, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,176 km, con orixe en apoio nº 98/54 existente da LMT CES-705, onde se realiza a derivación ao CT Vilanova (expediente 101/03), condutor tipo LA-56 mm2 Al e final en apoio nº 98/82 existente da LMT CES-705, no tramo entre a derivada ao CT O Asadiño (expediente 55798) e a derivada ao CT A Wais Penedo (expediente 7519).

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/545-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT O Asadiño.

Concello: Abegondo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio

Apoio nº

m2

1

Naranxo

Monte alto

María del Pilar Botana Meizoso

98/55

2.0

2

Naranxo

Monte alto

Hrdos. José María Etchevarría López, Eduardo Etchevarría Rey

98/60

2.0

3

Peneda

Monte alto

José Luis Vieiro Zapata

98/63

2.0

4

Peneda

Labor

Ricardo Bello García

½ 98/68

1.0

4/1

Peneda

Prado

Descoñecido

½ 98/68

1.0

5

San Marcos

Monte alto

Joaquín Bermúdez de la Fuente

98/73

2.0

7

San Marcos

Monte alto

Descoñecido

98/76

2.0

9

O Penedo

Prado

Manuel García Pérez

98/81

2.0