De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor do expediente.
A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9,00 ás 14,00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Lugo, 27 de outubro de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-42/2014.
Interesado: José Prado Castro (Sun Martinica, S.L.).
Último enderezo conocido: rúa das Leiteiras, 6, polígono do Ceao, Lugo.
Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.