De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron acordados pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70-2º (Lugo).
O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.
Lugo, 2 de decembro de 2015
P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Iván Pedrosa Castillo
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Lugo
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
LU-RES 2015/143 |
Petre Matei e Paula Curt |
Acordo de inicio de procedemento sancionador |
LU-RES 2015/157 |
Rafael Sánchez Rodríguez e Vasile Zanfir |
Acordo de inicio de procedemento sancionador |
LU-RES 2015/160 |
Gheorghe Beldiman |
Acordo de inicio de procedemento sancionador |