Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento e dinamización do espazo intranet da Administración de xustiza en Galicia para a difusión do expediente xudicial electrónico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 5/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 5/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de dinamización e desenvolvemento de novas funcionalidades en áreas de difusión na intranet da Administración de xustiza en Galicia, no contexto da implantación do expediente xudicial electrónico e Administración xudicial electrónica.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 15.2.2016. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 415.041,32 €, máis 87.158,68 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 502.200,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2016: 181.580,58 € + IVE (38.131,92 €) = 219.712,50 €

2017: 207.520,66 € + IVE (43.579,34 €) = 251.100,00 €

2018: 25.940,08 € + IVE (5.447,42 €) = 31.387,50 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23841

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 1.2.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 21.12.2015.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia