Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 11 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada: Amparo Tejeda Vázquez.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Manuel Javier González Porto.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: José María Sousa Pérez.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: María Luisa Sanmartín Castro.