Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2015 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2015000136 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles, mediante a presente cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01509, modificación I enlace LMT Monfero-Xermade. Expediente IN407A 2009/270. TM Monfero.

Concello: Monfero.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Beneficiaria: Unión Fenosa.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

José Souto Castelo

José Souto Castelo

José Souto Castelo

16.7.2015

16.7.2015

16.7.2015

2015000136

2015000137

2015000138

7

8

9

496,28

2.628,47

61,30