Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de novembro de 2015 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.W15.48701 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións do director de Augas de Galicia ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.48701

Rogelio Martínez Cives

Av. Fisterra, 76-4º, 15270 Cee

17.7.2015

Arquivamento

DH.B36.14354

Rosa María García Filgueira

r/ Lepanto, 9, 36980 O Grove

13.7.2015

Arquivamento

DH.W15.41307

Lidia Nadal Bargo

Lugar de Sabaxáns, 16, 15280 Brión

7.7.2015

Favorable

DH.W36.16625

UTE Ave Portela

r/ Arcebispo Malvar, 35-2º, 36002 Pontevedra

28.10.2015

Arquivamento

DH.W15.49799

Pedro Baños Rodes

r/ Luis Huici, 6-3º esquerda, 15010 A Coruña

24.9.2015

Favorable