Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de arrendamento de nave para almacén de maquinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv. Teléfono: 981 69 14 78.

v. Telefax: 981 69 17 86.

vi. Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii. Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/059.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato privado de servizos.

b) Descrición: arrendamento de nave para almacén de vehículos, maquinaria e material do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver artigo 5 do prego de claúsulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver artigo 11 do prego.

4. Orzamento base de licitación: 39.168 € máis IVE de 8.225,28 €.

5. Garantías exixidas: non se exixe.

6. Requisitos específicos do contratista: véxase a claúsula 3 do prego.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 16 de decembro de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde