Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do nomeamento do posto de traballo de auxiliar de prensa polo sistema de libre designación.

Por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 16 de novembro de 2015, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de auxiliar de prensa deste concello, aprobada por Resolución da concelleira de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 30 de xullo de 2015 (DOG núm. 177, do 16 de setembro).

Segundo. Adxudicar a Raquel Cibrán Freire, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 28 de xullo de 2014, e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

CD Dpto.

Dpto.

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Cibrán Freire, Raquel

GA1000

Prensa

Aux. prensa

C2

14

AG

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto desta convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, foran concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselles a presente resolución á interesada e ao director da Área de Apoio á Alcaldía e á xefa do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística.

A Coruña, 27 de novembro de 2015

P.D. (Acordo do 19.6.2015)
Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración