Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos ao expediente 46/78 e catro máis.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 30 de novembro de 2015 figuran os seguintes acordos:

Monte Neboeiro e Agrolongo, Penalba, Outeiro, Chá e Gándara (expediente 46/78), pertencente aos veciños da parroquia de Remesar, do concello de Bóveda, clasificado polo Xurado con data do 17 de decembro de 1979. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 10 de abril de 2015, tivo entrada escrito presentado por Gonzalo Fernández Carreira, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 21 de setembro de 2015, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Neboeiro e Agrolongo, Penalba, Outeiro, Chá e Gándara, co que o monte queda cunha superficie de 370,45 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Coto do Castro e Porto do Boi (expediente 44/78), pertencente aos veciños da parroquia de Úbeda, do concello da Pastoriza, clasificado polo Xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012 de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 28 de maio de 2015, recíbese nota interior do Servizo de Infraestruturas Agrarias, que informa sobre solapamentos de monte veciñal en man común (MVMC) en zona de concentración parcelaria (ZCP) en casos en que o acordo firme de concentración parcelaria é anterior á clasificación dos montes veciñais en man común, con porcentaxes de afección sobre a superficie de clasificación inferior ao 10 %, entre os cales figura este monte Coto do Castro e Porto do Boi. Con data do 31 de xullo de 2015, emítese nota interior do Servizo Xurídico-Administrativo propoñendo que se proceda a facer unha revisión dos esbozos dos montes sinalados polo Servizo de Infraestruturas Agrarias, segundo o establecido na devandita disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, e tendo en conta que o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Tendo en conta o anterior, con data do 3 de setembro de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Coto do Castro e Porto do Boi, co que o monte queda cunha superficie de 62,87 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia (expediente 48/80), pertencente aos veciños da parroquia do Veral, do concello de Lugo, clasificado polo Xurado con data do 12 de xullo de 1982. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 28 de maio de 2015, recíbese nota interior do Servizo de Infraestruturas Agrarias, se informa sobre solapamentos de MVMC en zona de concentración parcelaria (ZCP) en casos en que o acordo firme de concentración parcelaria sexa anterior á clasificación dos montes veciñais en man común, con porcentaxes de afección sobre a superficie de clasificación inferior ao 10 %, entre os cales figura este monte Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia. Con data do 31 de xullo de 2015, emítese nota interior do Servizo Xurídico-Administrativo propoñendo que se proceda a facer unha revisión dos esbozos dos montes sinalados polo Servizo de Infraestruturas Agrarias, segundo o establecido na devandita disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, e tendo en conta que o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Tendo en conta o anterior, con data do 2 de setembro de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia, co que o monte queda cunha superficie de 203,67 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Trabada (expediente 91/78), pertencente aos veciños da parroquia de Trabada, do concello de Trabada, clasificado polo Xurado con data 22 de setembro de 1986. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 28 de maio de 2015, recíbese nota interior do Servizo de Infraestruturas Agrarias, que informa sobre solapamentos de MVMC en zona de concentración parcelaria (ZCP) en casos en que o acordo firme de concentración parcelaria sexa anterior á clasificación dos montes veciñais en man común, con porcentaxes de afección sobre a superficie de clasificación inferior aos 10 %, entre os cales figura este monte de Trabada. Con data do 31 de xullo de 2015, emítese nota interior do Servizo Xurídico-Administrativo en que se propón que se proceda a facer unha revisión dos esbozos dos montes sinalados polo Servizo de Infraestruturas Agrarias, segundo o establecido na devandita disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, e tendo en conta que o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Tendo en conta o anterior, con data do 4 de setembro de 2015, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Trabada, co que o monte queda cunha superficie de 383,35 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Orgo (expediente 130/79), pertencente aos veciños da parroquia de Lanzós, do concello de Vilalba, clasificado polo Xurado con data do 1 de decembro de 1980. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 2 de decembro de 2014 tivo entrada escrito presentado por José Camba Basanta, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 16 de xullo de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Orgo, co que o monte queda cunha superficie de 515,48 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícanse os devanditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 3 de decembro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo